jueves, 23 de agosto de 2007

Sala Panaderas


http://www.galeria-arte.es/antonio-pessoa/2-30-2-30.htm



Antonio Pessoa

Dende Panderas Galeria de Arte queremos achegarvos a obra do pintor Antonio Pessoa. Unha obra imaxinativa, comunicativa, de gran soltura técnica, erudítamente escrita por un mago do pincel
Antonio Pessoa comezou os seus estudos en Holanda, participando en diversos WorkShops,o cal imprimiu na sua obra a maestría da tradicional e esixente Escola de Flandes.
Ós 31 anos, deixa a sua actividade como músico de Jazz para dedicarse en corpo e alma á pintura.
Entre 1997 y 2001, Antonio Pessoa viviu entre Vigo e Oporto, polo tanto a sua obra foi inevitablemente influenciada pola pintura galega.
Nomes como Xaime Quessada, Rafael Alonso, Lodeiro, Laxeiro, entre outros,tiveron na sua obra unha influencia decisiva e fórtemente lexible todavía.
Sen embargo, Antonio Pessoa soubo prestar á nova pintura galega unha refrescante solución plástica e temática, opcións quizais algo mais vangardistas, algo mais mezcladas co panorama estético internacional das artes plásticas.
Antonio Pessoa expón duas veces -Octubre y Noviembre 2004- en Chicago, na David Leonardis Gallery.
O seu primeiro contacto co público americano déixalle unha pegada de positivismo e unha fiestra aberta rumbo a un novo futuro no outro lado do Atlántico.
No 2005, Antonio Pessoa deixa a pintura para volver ao debuxo puro. En palabras do artista:"Para min os debuxos son os meus verdadeiros e mais genuinos orixinais. O debuxo puro é a base primordial de todo o meu trabajo sobre lenzo".
O artista tranquilízase no seu método, disciplina, relixiósamente dedicado ao seu traballo como o excelente profesional da Arte Contemporánea que é.
2006 segue cunha exposición no prestixioso Hotel Lapa (Lisboa,Portugal) e coa participación do artista en Holland Art Fair (Den Haag,Holanda)

No hay comentarios: